TRIBUNA | O |
13 oct 2003 . Actualizado a las 07:00 h.¡QUE BEN move o cabelo Alaska! A cantante. Porque no directo¿ Gusta máis oíla en cedé. Iso dicía a xente. Claro que do visto ata o de agora, tampouco foi a única que deu a mala nota. En xeral, fallou a acústica: ¿Influíron as carpas? Non quita da súa boa finalidade. Ben estiveron, entre outros, os Galicreques, pasarrúas, Ariel Rot e algúns monologuistas. A que estivo desbordante foi Mercedes Peón. ¡Que imaxinación! Todo un aturuxo. O que vén a demostrar que, a miúdo, o noso non ten nada que envexarlle ó de fóra. É máis, supérao amplamente. ¡Fagamos canteira! «Iso é». Máis ca nada para darlle folgo a esa xente que quere saír adiante facendo música. Se se basea nas nosas raíces -como dixo a propia Peón falando da súa- inda mellor. Pero senón, tamén. O importante é axudar a que xurda a creatividade e se poida manifestar como queira. Ben entendida, si. Por iso, o San Froilán debe ser, amais doutras cousas, un escaparate onde se dean a coñecer os artistas lucenses. Que os temos e bos. ¿Quere esto dicir pecharse? En absoluto. Entre outras cousas porque hai sitio para todos. Se o que vén reúne calidade, adiante. Senón, chéganos o noso. redac.lugo@lavoz.es