Apostemos por nosoutros

| XAVIER LOMBARDERO |

LUGO

DESDE EL ADARVE

26 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

LONXE dos golpes de efecto e das grandes obras que moi de tarde en tarde chegan, ós nosos políticos, ¿qué lles queda? Distanciémonos da moraliña e miremos a Lugo á cara: O que nos queda somos nós. E nosoutros somos o valor polo que apostar. Tivemos aquí a Roberto Verino explicándonos a importancia de aproveitar os recursos e perseverar abríndonos ó mundo. De pouco serve levantar facultades e museos se non os mimamos e lles marcamos obxectivos. Antes cas empresas, en Lugo precisamos de creadores e persoas con olfacto para os negocios. Xente de mundo. Un exemplo de acolá: Gucci, que controla ademais marcas como Yves Saint Laurent ou Balenciaga, vale moito menos sen o seu ex deseñador Tom Ford. E precisamos fogonazos de cultura. Non fai falla pedirlla toda a Concepción Burgo, aquí en Lugo. O mellor traballo do lugués Tosar estivo en escena nun teatro de Madrid.