A retirada de Álvarez Cascos

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

30 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

O QUE NON conseguiron os grupos de presión «serios», acadouno a prensa do corazón. O que non lograran as críticas contra a súa xestión, conseguírono un par de programas e comentarios sobre da súa vida privada, que eu, por su posto, non comentarei. Que o señor Cascos se opuxera ó divorcio a comezos da democracia e que logo, coma calquera outro cidadán español, fixera uso dese dereito, non lle restou o apoio dos seus. Que primeiro estivera en contra da existencia dunha única plataforma dixital e que logo tragara e apoiara a fusión, non lle sinalou a saída. Que alén da mala xestión no asunto Prestige , tamén deixara só ante o perigo a Rajoy, mentres el seguía practicando os seus «hobbys de sempre», tampouco pesou para sacalo da foto. É máis, ata lle serviu para colgar a medalla de Galicia. E tampouco foron os continuos atrasos e avarías do AVE motivo para unha posible renuncia. Foi a prensa do corazón. Iso, o dos cadros, ou tamén que no seu partido xa non é considerado imprescindible. Lembren que Cascos pertence a iso que todos os partidos precisan para mobilizar ós máis acérrimos, ata que se queiman demasiado. E nós sen a ponte.