Benvido ao Corpus

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

22 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

FINALMENTE será o mércores 28 e non o martes 27 cando comece a 32 edición da Semana do Corpus de Lugo, o festival musical máis veterano de Galicia. O motivo do cambio era obvio e xa estraña que se chegase a programar como data de comezo o martes cando ese mesmo día, e a través do convenio Caixanova-Concello, acude ó auditorio unha orquestra italiana. Nin que fósemos Viena, con dúas orquestras de prestixio tocando en Lugo. Fóra da anécdota, ou erro, depende como se mire, a programación que este mostra a Semana do Corpus é magnífica. Quizais para o público faltan nomes do tipo de Teresa Berganza ou Jordi Saval, pero como sinalou o organizador, Víctor Carou, as figuras no mundo da música pódense contar cos dedos da man. Saboreen un espectáculo con entrada de balde (non gratuíto, porque o pagamos cos impostos) e admiren a arte en máxima expresión.