O Premio de Narrativa Curta Terra Chá dedícase este ano ao Festival de Pardiñas
LUGO
O Concello de Guitiriz e a asociación Xermolos convocan a primeira edición do Premio de Narrativa Curta Terra Chá para mayores de 16 años. O tema dos traballos que se presenten ao certame deberá versar sobre os 25 anos do Festival de Pardiñas. Feira e Festa da Música e da Arte . Os relatos serán orixinais, inéditos, en galego, con seis folios de extensión máxima, e un por persoa. O prazo de entrega dos relatos no consistorio remata o 15 de xuño. O xurado fará pública a relación de gañadores o 15 de xullo. O primeiro clasificado recibirá 300 euros, o segundo 180 e o terceiro 120. A entrega dos premios será o 8 de agosto, no transcurso da celebración do Festival de Pardiñas, A revista do festival publicará as narracións que resulten galardonadas.