TRIBUNA | O |
07 jun 2004 . Actualizado a las 07:00 h.REMATA a XXXII Semana do Corpus, xusto despois de que a Camerata Boccherini deixáranos o sábado unha magnífica interpretación a cargo duns músicos moi conxuntados. Froito diso, segundo me comenta Ángeles Nogueira, que amais de amiga e luguesa é unha boa violinista, os intérpretes «non só buscaron o equilibrio sonoro, senón que amosaron igualdade nas articulacións». A súa presenza serviume para comprender mellor a interpretación das dúas obras que estaban no programa: Till Eulenspiegel op 28 , de R. Strauss e o Septeto en Mi bemol Maior op 20 , de Beethoven. O efecto plástico acadado pola participación activa dos músicos resulta innegable. Foi salientable a conxunción dos chelos, en palabras de Ángeles «mentres que fraseaban un mesmo tema, é dicir, nos unísonos». «Que ten o seu risco -explica-, pois incluso nos músicos máis experimentados a excesiva esaxeración do movemento debilita a calidade». Que, sen desmerecer o resultado en calquera caso, puido ocorrer, sobre todo, na primeira obra; na segunda xa imporíase a sobriedade de Beethoven. Dito o cal, só resta engadir que co de hoxe remata un festival notable e bastante variado.