Por hixiene democrática

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

TRIBUNA | O |

10 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

ESTOU co ministro Bono -máis asentado- en que hai que distinguir entre cúpulas directivas e militancia de base. Referíase aos populares, pero isto, loxicamente, vale absolutamente para todos os partidos e partidarios. En tres ocasións que lembre agora, un servidor fixo nas súas críticas esa distinción á hora de falar da política do goberno de Aznar e Fraga. Bono recoñecía que no seu entorno, incluso familiar, había militantes e simpatizantes do PP. No meu tamén. Agora ben, moitos admiten que se xestionaron mal asuntos como o da catástrofe do Prestige , Yakolev, e o do 11-M. En todos o goberno dos Acebes, Cascos, Trillo e Aznar e algúns membros do goberno da Xunta, cometeron o mesmo erro: administrar e manexar a información como se estiveramos no réxime anterior. En democracia as cousas acábanse sabendo e as mentiras páganse. O relevante, substanciadas as eleccións, é saber se de non terse producido o cambio de goberno saberíamos o que xa sabemos. Porque, ó mellor os familiares do Yak-42 aínda estarían cheos de dúbidas; seguíramos pensando na ETA como responsable do 11-M; e en que o do chapapote foi un pesadelo de Nunca Máis.