TRIBUNA | O |
17 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.UN É tremendamente esixente para consigo mesmo, de aí que o sexa, loxicamente, para cos demais. A literatra galega non nos satisfai plenamente e presenta uns módulos narrativos que non compartimos. A supervaloración de Manuel Rivas e Suso de Toro como materia exportábel. Troquemos o signo ou módulos na narrativa: ¿por que no canto de Manuel Rivas non Caneiro? ¿Por que no canto de Suso de Toro unha obra cuantitativamente polo menos de tanto peso, voluminosa, coma a de Darío Xohán Cabana ou Xosé Miranda? A literatura é o reino da liberdade ou a república das letras. Nila caben todas as expresións que da corporeidade a un complexo universo totalizador do modo de expresión dun país, nación ou patria. Xosé Miranda ten o estilo de seu, como Isidro Novo ou Darío Xohán Cabana. Tres nomes novos no panorama das letras, da narrativa en lingua galega. Por iso que vemos reductivo o cacarexado tándem Suso de Toro-Manuel Rivas. Cómpre estirar o feltro das posibilidades de expresión nacional galega. A lucidez en cuase todo dop bo escritor Miranda, un mestre no labor da lucidez narrativa que un emparenta con Camilo Gonsar. A obra monumental de Darío Xohán Cabana, tan decimonónica pero de interese. A esculca de novos vieiros de Isidro Novo, etcétera. Non son ganas de lle dar ao veo, son ganas de sinxela e simplmente poñer as cousas no seu sitio, modificar panoramas e o feito de que somo lexión os escritores. Non sobramos. Ninguén sobra. Saúde e cante o merlo.