¿Cine lixo?

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

19 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

, Alien vs Predator (en dúas salas), Dos rubias de pelo en pecho , Alta tensión , XXL , El exorcista (El comienzo) , Resident evil 2: Apocalipsis , Di que sí ... son algúns dos títulos que os lucenses poderemos ver esta semana na carteleira de Lugo. Como se pode apreciar son filmes todos dunha calidade «extraordinaria», de «fermosa factura», que farían que Griffith ou Murnau se sentisen orgullosos de haber contribuído de maneira decisiva á hora de crear a sétima arte. As salas de cine de Lugo apostan pola «calidade», «arriscanse» moito programando estas películas. Agora que se fala tanto de televisión lixo, qué mellor que ir ao cine en Lugo, onde están os mellores filmes do momento. Espero que non imiten aos compañeiros de Santiago, onde botan cousas raras como Melinda & Melinda (dun tal Woody Allen), Un toque de canela , El tren de Zhou You o El milagro de Candeán .