DESDE EL ADARVE
11 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.NESTES días fálase moito de enerxías. Pola televisión pídeselle ao PSOE que principie o fin das centrais nucleares, a aplicación do protocolo de Kioto (firmado por España) metéulles medo ás térmicas que queiman carbón local -peor e máis contaminante co autóctono-, as cidades costeiras pelexan por portos exteriores e prantas regasificadoras, e Lugo aparece como a solo enerxético de futuro por mor dos parques eólicos. Pouco a pouco, bastante alleos á importancia real deste sistema de produción, temos xa instalada a meirande potencia da península. Cada concello busca poñer unha piscina, un xeriátrico e un deses parques eólicos que monta o gran capital asociado á tecnoloxía estranxeira. Poida que Lugo necesite antes un centro tecnolóxico da enerxía ca un agrario. Ao contrario co carbón, vento non se acabará. Debemos pensar mellor cómo xestionamos os nosos cómaros e outeiros.