TRIBUNA | O |
23 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.VEN DE ser editado, sob a dirección do crego, don Xesús Guerra, un tomiño, cuase un folleto, sobre o seu colega crego don Xulio Novo Castedo. Foi este un crego carismático, quero dicir, da Renovación Carismática Católica, mui exemplar pola súa honestidade e polo seu amor evanxelizador e bíblico. Il denominábase «un zoquete que quer ser Santo». Dime o bo amigo Benxamín Casal que o clero en xeral non sabe adaptarse aos tempos e por iso se está a producir unha fenda entre o laicado e a Igrexa. Existen hoxe (sic) dúas puntas de lanza ano no noso país, en Galiza, entre un clero máis ben reaccionario e practicamente nulo na aceptación das aspiracións de Galica como país abandeirado por Gea Escolano e outra que é a liña galeguista e emprendedora de Xosé Chao Rego, don Andrés Torres Queiruga ou Manolo Regal. Istes toman a Galiza como problema histórico e tratan de resolvelo. Non esquecemos a don Antonio Gandoi, o crego da bicicleta, cunha homenaxe tributada e con escultura mui apropiada na Fonde do Rei, ou Xosé Luís Sáez a quen o poeta Fiz Vergara Vilariño denominou o Xirinacs galego. Debo comprometerme e dicir que a penas un 20 por cento de cregos son claramente galeguista; o outro, claramente españolista.