NO OUTEIRO | O |
08 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.SE OS concellos permitiron que se levaran as urxencias dos seus centros médicos a un centro comarcal (PAC), entón, digo eu, por qué non aforrar tamén cargos políticos e persoal. Igualiño que se aforra en médicos. ¿Non se fan as urxencias nun centro comarcal que ten atende toda a dispersión poboacional que caracteriza á nosa provincia? ¿Acaso non hai médicos e pediatras que estando de baixa non son substituídos? Por qué non debater en serio sobre esa fusión de concellos. Fraga xa dixo que a ver quen estaba disposto. Leva razón, pero igual que os alcaldes calaron co asunto antedito das urxencias... Porque non vin eu, agás ao alcalde do Incio, que por tal motivo algún dos rexedores afectados puxera o berro na Xunta. Polo tanto... ¿Non dicía un estudo da Universidade de Santiago, promovido polo concello de Lalín (que publicaba La Voz), que o modelo municipal galego era inviable? Asemade, que a concentración de concellos faría aumentar a inversión por habitante nun 14%. ¿Como? Fíxense vostedes, non ao milímetro pero o aumento do gasto por habitante case iría en proporción coa redución do número de cargos políticos de darse a fusión.