Aeródromo

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

01 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

FOI no 1987 cando un servidor gañara un premio de xornalismo que se convocara en Rozas. O día da entrega de tal premio un non puido asistir porque considerou que aquil acto estaba fortemente politizado, quizais hoxe cambiase de opinión se tal cousa ocorrese. Daban o premio o presidente da Deputación, o señor bispo (daquila un perfecto descoñecido por min e eu cristián bautizado pero escasamente crente e case nada practicante) e un xeneral. No asistín á entrega do premio: semellábame, para un cativiño como era, unha encerrona. O feito é que se quere actualizar o aeródromo de Rozas. O asunto está no aire, a pelota no tellado e todo son tirapuxas políticas. Que eu saiba o BNG non se pronunciou, cousa que sería de agradecer. O que aquí importan son os postos de traballo, logo a modernización das instalacións e finalmente da provincia, que boa falla fai. Debátese un asunto máis serio do que semella. Xógase un importante caudal de intereses e de eficacia política e social. O aeródromo semella unha cousa como esnob, un galano de modernidade xuvenil, de destreza hipermoderna. O que ninguén sabe é que aquel concurso fixo que eu desde ese momento me convertise en escritor galego, con todos os pros e contras para min. Rozas é necesario.