NO OUTEIRO | O |
22 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.AGARDABAMOS impacientes o martes pola mezzosoprano Vivica Genaux. Apareceu cun vestido a xogo coa pintura do salón Rexio do Círculo. Lucía unha fermosa gargantilla e tapaba os ombros cun chal rosa-fucsia. Estaba espléndida. Ben acompañada ao piano por Rutenberg, comezou con Arianna a Naxos , de Haydn. As dúas arias destacaron sobre o recitativo. Aínda así chegou máis que o faría despois interpretando Frauenlieb , de Loewe. Rematada a primeira parte, os comentarios xiraban arredor de que na segunda atoparíamos á grande mezzo que se anunciara. E así foi. Experta no repertorio rossiniano, ataviada agora cun vestido de tirantes, mantón de Manila e o cabelo recollido en alto, fíxose co público interpretando con dramatismo «A viúva andaluza» e moi solta Canzonetta spagnoula . Nesta segunda parte amosou todo o poderío da súa voz. Houbo momento no que as notas do piano (por exemplo no Die Sterne de Viardot) fixeron máis harmoniosa a voz e amosou as posibilidades da cantante. Gustou tamén a súa interpretación de La Tempranica , de Giménez. En xeral, inda que moi andaluza, Genaux convenceu. Quédalle dabondo á XXXIII Semana do Corpus. Atentos.