TRIBUNA | O |
20 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.FÁLASE a miúdo dos grandes avances da tecnoloxía, que se considera vital, coma se antes non fora posible a súa posta en práctica sen o emprego de tales aparellos que hoxe se consideran imprescindibles. Refírome principalmente ao ordenador. E semella que os avances técnicos se sitúan en campos alleos á área das humanidades. Lembrámonos entón do máis grande avance da historia, que foi en primeiro lugar a fixación da escritura e logo a imprenta. Quixo traernos precisamente estas imaxes á memoria Darío Villanueva nunha conferencia en Humanidades a propósito do Quijote. Facendo referencia ao filósofo Mc Luhan e á Galaxia Gutemberg pronunciou un eloxio destes dous avances de suma importancia ás veces esquecidos a favor doutras innovacións en distintas áreas do coñecemento, aínda sabendo que ata a aparición da escrita, non hai historia, logo coa grande novidade da imprenta, que permitía facer copias impresas en papel a un menor custo, deixando atrás as copias manuscritas de papiro e pergamino.