Os libreiros venderon ben

LUGO

SEBAS

Análisis | Balance da Feira do Libro Xa preparan un mercado de volumes antigos a partir do 9 de xullo

20 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O presidente da agrupación de libreiros de Lugo, Carlos Coira, e maila edila de Cultura, Concepción Burgo, calificaron de positiva a celebración da Feira do Libro que pechou o pasado domingo. As ventas, polo que expuso Coira, foron superiores xa que nesta edición houbo cinco casetas máis que no 2004. Os libros máis vendidos foron os dos autores que se achegaron ata á feira para asinar ou presentar volumes. Tamén tiveron tirón de ventas os best-sellers . Coira destacou que este ano houbo variedade de libreiros, polo que a oferta era máis ampla para os lucenses. De cara ao futuro, Coira sinalou que intentarán organizar máis actividades para os cativos, sobre todo nos horarios de mañá, e coa fin de fomentar a lectura nas idades infantís. Tamén dixo que lle gustaría potenciar os debates sobre o libro e unha maior participación dos lectores na feira. Vindeira cita A edila de Cultura, Concepciób Burgo, cualificou de boa a feira e lembrou que o vindeiro mes recupérase o mercado de libro vello e de ocasión. A feira comezará o 9 de xullo e durará quince días. Polo momento xa teñen confirmada a presenza en Lugo de librerías de Galicia, Valencia e Madrid. Ademais, Burgo valorou o Festival de Música Cidade de Lugo, que finalizou o pasado sábado co oratorio A resurrección . Destacou a variedade das obras programadas e a fidelidade do público, que asistiu nas tres cuartas partes a todos os concertos. As cifras totais foron de preto 5.500 persoas.