Normalidade democrática

CARLOS VÁZQUEZ

LUGO

NO OUTEIRO | O |

19 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

CONSTITUÍDO o Parlamento galego, a miña primeira impresión -e penso que a de todos- foi a da normalidade democrática. Cousa da que se felicita quen sempre foi partidario de aceptar os resultados electorais tal e como veñen dados pola elección da cidadanía. E tampouco fun eu, permítanme que fale en primeira persoa, partidario nin asinante de saltar por riba dos chanzos que establece a Constitución e mailo Estatuto. Froito desta nosa madureza, Manuel Fraga facía reconto en voz baixa dos votos parlamentarios, cando axiña estes habían dar lugar á composición da Mesa do Parlamento presidido por unha muller. Non é un simple feito anecdótico pois ocorre por vez primeira ao longo da nosa andaina. Nin é unha casualidade que a socialista Dolores Villarino fose elixida presidenta do Parlamento, nin o é que a vicepresidenta sexa outra muller, María Tareixa Paz, esta nacionalista. Con esta arxila -inclúase que o conservador Xaime Pita ocupará a vicepresidencia segunda- farase, de feito faise xa, realidade a nova maioría parlamentaria saída do que falaron as furnas o 19 de xuño. O pacto acadado entre socialistas e nacionalistas botou a andar.