TRIBUNA MANUEL XOSÉ NEIRA | O |
19 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.A JUAN Benet non lle parecía o grande autor que foi: a grande socioloxía e estética e modernización da maltreita España. Dicía que tiña cousas de non moito proveito, entrambalicadas, defectuosas ou esaxeradasas. Tamén rexeitaba a Cortázar. Benet era un gran literato pero non sociólogo. Thomas Merton foi un «trapense» contemplativo a quen eu non cría morto e que se fora á India a enlazar Budismo e cristianismo. Unha aguia voadora. Merton íntimo amigo de Ernesto Cardenal. Visconti é mui estético pro recréase en mundos decadentes: Lampedusa, Luis II de Baviera, o rei louco levantador de castelos. O do complexo edípico. Algún rastro dil temos en Luís Pimentel. O Cocteau comediógrafo, pintor e decorador tanto ou máis ca escritor. Cocteau segue mui moderno e actual. Erik Satie, o músico «maudit» da época e grupos de Picasso. O París post-zarista. Tamén os tempos isabelinos, os da II República con Miguel Maura e Alcalá Zamora. Isabel II onde escomeza a nosa decadencia esperpéntica valleinclanesca. E sempre en Pimentel o grande Gabriel Miró, alleo ás modas, tamén denigrado por Benet. Valle Incán abraza o carlismo por estética, o modernismo, o cristianismo, o mal dos pazos, o esperpento ou isa forma de expresionismo artístico. Todo contra Féliz de Azúa mui de esquerdas pero de fixo patrón urbanita e por ianki.