A situación do galego

MANUEL XOSÉ NEIRA

LUGO

TRIBUNA | O |

21 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

GALEGO é o termo xenuíno do «gallego». O noso idioma padece un mal interno, o autodesprezo e falta de investigación. Coido que son os «celtistas», ou sexa, Manuel Murguía e Eduardo Pondal sobre de todo quen escomezan a leria do galego, do noso benamado idioma. Nunca Alfredo Brañas, o rexionalista. Nin Bieito Vicetto, aínda que iste se integre na recua ou «grea» dos celtistas. Os celtistas aprezan o idioma da nosa malfadada Irlanda verde ou Eirín. A do verde surrealista de Luís Pimentel. A da chuvia doce e mol, algo tráxeca dime Xosé Lois García, é un grande creador de idioma. Son a trepia do noso idioma. Don Ramón Piñeiro, Ánxel Fole e demais fan de Luís Pimentel un versificador tremendamente expresivo. «Ciño por cisne», «nesgar por rasgar, rachar», «circio por esteso, liso». Pro o galego estálles, velis nolis, na trípode gramsciana de Rosalía, Leiras Pulpeiro «o republicano» e máis un hoxe tremendamente esquencido Manuel Curros Enríquez. É o galego que se espiga, o galego que se recolle e apreixa nun monlliño expresivo de dicires coma fiúncho. Un monlliño de escarcha mellor do que xeada. A nosa panspermie orixinal é a céltica: Manuel Murguía, Eduardo Pondal, Bieito Vicetto. A panspermie é a rexión onde todo soño é non ficción senón realidade. O celtismo é o soño teleolóxico ou de dirección. Irlanda hoxe vive ben. Nós non. A grande Rosalía (cuso «progres»), Leiras Pulpeiro e Curros Enríquez son a trepia sustentadora dun galego popular. Pondal dignifícao de xeito culto. Manuel María é o pior poeta da Galiza moderna, o poeta summum do conflito. Pro dixo Montesquieu: «onde non vexas conflito non percures liberdades».