TRIBUNA | O |
08 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.LER A ROBERT Walser entranzado a todo o modernismo. Eu, con don Ramón Piñeiro, discutía por sobre a muralla sobre modernismo, sobre os canzorros míseros ou trazos mínimos de modernidade en Lugo. Xa eu lera ben lido parte de La novela de un literato de Cansinos, o mestre chungo de Jorge Luis Borges, o que non lle facía sombra. Cansinos foi o rexistrador de propiedade de todo o modernismo. Isa rapariga de que lles falei desexaba todo trazo moderno: por exemplo, e cómo levaba unha moza o sombreiro, de se o levaba ou non , mesmo ao estilo ianqui dos casinos de Las Vegas. Don Ramón Piñeiro estaba liado co idioma, coa fala de Lixboa (así o grafan os Cancioneiros ) e non en Lisboa. Pra nós é fundamental Portugal, claro, obvio. Non hai máis que dicir. Modernismo ten a ver con moda e moderno, todo o contrario a clásico. Un grande poeta é Juan Ramón Jiménez, sempre encoñado , poñámolo así, coa rosa e coa esencialidade; nunca cos perfumes, coas esencias. El prefume , de Patrick Süshkind ten que ver con Los miserables de Víctor Hugo. As esencias de perfumes elevadas a rango último. Despois temos ao crego Rei Soto, ise ser enigmático que aparece en Candisno. Pero o grande poeta daquila época de avangardas coma de viño e rosas élles Manoel Antonio. Un tento que quixo ser monumental, hercúleo, de rexistración de tódalas propiedades modernistas habidas foi o proxecto barojiano emprendido en Cartafolio de Lugo , de Anxel Fole.