Compromiso serio co Cetal

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

17 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

O CETAL está dando os primeiros pasos, lentos, pero seguros. Foi unha promesa socialista, no momento en que houbo unha poxa con outro centro tecnolóxico que propoñía o anterior goberno galego. Pero mentres as promesas e estudos abstractos se presentaban, nacía o xerme do futuro Cetal, impulsado polo alcalde de Lugo. É un centro que financiará o Ministerio de Agricultura e que un alto cargo do PSOE empeñou a súa palabra para sacalo adiante, pero o valedor do proxecto foi co Concello. Non se trata de chegar, falar bonito e mirar nas contas públicas para cando enchemos de millóns un centro que ao mellor no futuro non cumpre os obxectivos. Parece máis serio o modelo escollido polo MAP. Facemos un informe, creamos unha oficiña e convocamos a todos nun simposio. O que saia del será o centro tecnolóxico que queiran todas as partes. E a partir de aí se fala de cartos e proxectos.