Evitar o risco de deixar sen protección uns espazos de grande interese

La Voz

LUGO

07 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? vello proxecto do parque conxunto dos Ancares e O Courel deixaba fóra das áreas protexidas unha especie de illa de grandes dimensións que comprendía terras dos municipios do Courel e Quiroga. Dentro desta área exenta de protección encóntranse as zonas de produción pizarreira da Campa e de Pacios da Serra. Pero dentro dese espazo estaba tamén un tramo do río Lor -na zona de Froxán e Vilamor- que, segundo explica Javier Guitián, caracterízase por unha especial riqueza botánica, faunística e etrnográfica e que polo tanto non debería quedar fóra da área de protección. En opinión do científico, o novo proxecto debe definir con máis precisión que o anterior as zonas de maior valor natural da serra e evitar situacións como a mencionada. Áreas especiais Ao xuízo de Guitián, hai certas áreas do Courel que merecen unha especial atención polos seus valores naturais.: o tramo medio do Lor, o val de Paderne e a zona da Devesa da Rogueira, na que pode incluírse a área da lagoa de Lucenza. «Zonas como estas non deben quedar en ningún caso fóra da área de protección. Non hai ningunha razón científica para excluír do parque zonas de tanto interese natural como pode ser o val do río Lor», afirma.