«Atenderemos o rural, que ata agora estaba bastante abandoado»

Lucía R. Insua LUGO

LUGO

ALCALDE DE CASTRO DE REI

06 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Desde o pasado 16 de xuño, o socialista Juan José Díaz Valiño está á fronte da alcaldía de Castro de Rei. Mestre de 35 anos, casado e cunha filla de 4, seguro que na etapa que encara aproveitará o temple futbolístico que leva no sangue, non en van xogou e foi presidente do Clube Deportivo Castro. Polo de agora segue negociando con TEGA e BNG para acadar un goberno estable. Ademais será deputado provincial. -¿Haberá un pacto definitivo? -As tres formacións estamos falando para tratar de chegar a un acordo final, porque a idea xa se plasmou antes do día 16, cando os dous grupos votaron a favor da miña investidura. Temos moito falado en canto a áreas de distribución e de organización, pero prefiro non adiantar nada por respecto a eles. -¿Que puntos potenciarán? -Hai que atender as parroquias do rural porque estaban un pouco abandonadas. Pistas que arreglar e limpar, continuar coa parcelaria... Sempre sen esquecer a capitalidade. Hai que buscarlle saídas a esta vila bonita que está algo deixada da man. Debemos seguir traballando a nivel residencial e industrial en Castro de Riberas, impulsando o polígono empresarial. Tamén temos que abrir dunha vez o centro cívico, que xa está rematado, ao igual que o centro de saúde. -¿Que farán a prol da xuventude? -Vai haber unha concellería específica de muller e xuventude, algo que nunca existiu. Iso xa di moito.