O grupo de teatro da residencia universitaria Bal y Gay escolleu a praza Maior de Lugo para a súa presentación en sociedade. Neste lugar realizou onte a performance titulada Onde está o sombreiro . Baixo a dirección de Laura García Recio , o grupo está composto por nove estudantes, seis deles galegos e o resto do País Vasco, de Turquía e de Tayikistán.
Juan López Suárez
, natural da aldea de Forcados, no Saviñao, foi un impulsor dos programas de mobilidade. Agora a Universidade de Santiago quere renderlle homenaxe dándolle o nome de Xan de Forcados a un programa xeral de mobilidade, no que se aglutinan os convenios bilaterais e os acordos multilaterais que a institución compostelá mantén con outras universidades para o intercambio de estudantes e persoal docente e investigador. Da presentación deste programa no campus lugués encargáronse onte Lourenzo Fernández Prieto , vicerreitor de Relacións Institucionais; Agustín Merino , vicerreitor adxunto de Investigación; Enrique López Veloso e Francisco Javier Sanjiao , xefe e coordinador de Relacións Exteriores da USC.
No campus de Lugo tamén foi presentado onte outro programa, o Initia, que permite que alumnos dos institutos Ánxel Fole, A Piringalla, Lucus Augusti e Politécnico se inicien na actividade investigadora nos laboratorios do campus.
Universitarios estranxeiros e do campus lugués iniciaron onte unha serie de encontros encamiñados a fomentar o intercambio de experiencias e a mobilidade de estudantes.
Esta facultade recibiu onte un cadro de Míriam Noemí Ferreyra Maizal , polos actos do patrón, San Vicente Ferrer. Tamén foi inaugurada unha aula de informática. Á celebración asistiron o decano, José Díez de Castro , e Celia Besteiro , vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos.