Xosé Carlos Caneiro e Francisco Narla, na Feira do Libro de Lugo

La Voz

LUGO

18 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

No segundo día da Feira do Libro de Lugo, dedicado ás letras galegas, destacou o recital poético-musical que ofreceron o escritor Xosé Carlos Caneiro e mailo guitarrista Xosé Manuel Salgado, que interpretaron temas baseados no libro de Caneiro Blue moon . Tamén estivo presente o escritor Francisco Narla, que asinou volumes do seu libro Los lobos del centeno . Narla, xunto con Xosé Miranda e Xoán Ramón Díaz, participarán hoxe, ás sete e media do serán, nun coloquio sobre a novela negra.