«No Gordo do xoves repartimos 300.000 euros»

LUGO

A administración focense vendeu dez décimos do número 92.538, premiado na Lotería Nacional

07 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Unha vez máis, a comarca da Mariña atrae a sorte dos que a buscan. Na historia dos premios de lotería da comarca hai que sumar un recente. O gordo da Lotería Nacional do sorteo do pasado xoves deixou un total de 300.000 euros repartidos. Os gañadores foron varios, pero entre eles hai un que está abonado ao número agraciado.

Do número afortunado, o 92.538, vendéronse dez décimos entre tantas persoas dende a Administración de Loterías de Foz, cuxa administradora é Neves Moreda dende marzo do ano pasado tras figurar anteriormente como xerente, seguindo unha tradición familiar que xa levaron a cabo súa avoa primeiro y despois súa nai, agora xubilada.

-¿Canto lle tocou a cada comprador dese número gañador?

-Cada persoa colleu un décimo, por tanto tócanlle 30.000 euros de premio, que aínda poden dar para mercar turrón ou os regalos para a familia no Nadal.

-¿Coñece persoalmente aos afortunados?, ¿chamou algún xa á administración focense?

-Un dos afortunados está abonado, de sempre, e xoga varias terminacións. Hoxe (por onte) esta persoa xa me chamou á mañá preguntando a ver que tiña que facer para cobrar o décimo. Os outros agraciados -dixo onte a mediodía- aínda non pasaron por aquí. Este número vendeuse entre o venres da semana pasada pola mañá e o luns desta semana ao mediodía.

-Na historia desta administración, ¿déronse premios desta cuantía ou maiores incluso?

-A Administración de Loterías de Foz leva aberta dende a década dos anos sesenta. Eu son a terceira xeración, sempre a levou a miña familia, primeiro foi administradora a miña avoa Nieves, segunda a miña nai Dolores, que agora está xubilada, e a terceira son eu. Sendo a xerente da administración, no sorteo da Lotería Nacional do xoves é o primeiro que damos pero no sorteo dos sábados tamén temos dado premios máis gordos.

-Xa que mencionou ao primeiro de todo o turrón e os regalos, lembrando que navideño o nadal está cada vez máis cerca, ¿como vai a campaña navideña deste ano?, ¿pode adiantarnos algo do ritmo das ventas para o 22 de decembro?

-De cara as navidades a venda de lotería vai moi ben. Este ano se volve máis a xente á participación e aos talonarios. Penso que debe ser pola crise. Moita xente deixou de xogar tanto por semana, na Bonoloto, no Euromillones... Se antes botaban seis agora tres, se antes catro agora dous e se antes dous agora un. A que máis se xoga é o sorteo do Euromillóns, esta semana porque tiña un bote de cen millóns de euros. Canto máis bote teña, é ó que máis se vai xogar. En canto á lotería de Nadal, a campaña vai moi ben dende o mes de xullo. É unha lotería que está saíndo moi ben.