A calada por resposta

Carlos Ferreiro

LUGO

20 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

En tanto en cuanto nos den lo que es nuestro, discutiremos ese concepto con el fin de discutirlo» -dicíao o xenial Sergio Pazos en Airbag . Nosos, de todos os lucenses son os dous hospitais que nos quere pechar Alberto Núñez Feijoo: o hospital de Castro de Rei e o de San José.

«A los hechos me repito»: O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, visita a Feijoo e pregúntalle polos dous hospitais. Feijoo resposta: Cando fun de campaña a Castro tíñao claro pero agora? déixame un mes e falamos.

O mes pasou e? silencio. O silencio administrativo aquí como se entende? Como que si, como que non ou como todo o contrario? Silencio respecto da fábrica de Pascual (150 familias ao paro), silencio sobre a fusión das caixas galegas, silencio sobre o decreto do galego, silencio sobre os estudos de Medicina... E tanto silencio non será síntoma de incompetencia?

Pero o PP pode falar de xestión de conflitos sen medo a ruborizarse. O do Prestige e os «hilitos de plastilina» de Rajoy sei que non é o mellor exemplo, pero que me din da conquista da Illa Perexil. Daquelas rezumábamos orgullo patrio até polas orellas. Parece que aínda escoito a Trillo: «Al alba, y con un tiempo duro con viento de levante de 35 nudos?».

Aquilo si que foi unha operación de altura. O exército español púñase en alerta e mobilizaba na zona nove barcos, dous submarinos, dous avións P3-ORION, un batallón de helicópteros de combate e un destacamento do Segundo Terzo da Lexión. Laa leche! Que pensarían os dous moros -que podían ser cristiáns- e as catro cabras ao ver aquilo? Menudo era Federico Trillo! A que tería montado este home en Somalia.

Agora sería colonia española.