Co gallo iste ano do centenario do nascimento de Luis Seoane, artista e intelectual polifacético, é interesante falar da sua presenza na Mariña Luguesa, relacionado coa recuperación de Sargadelos. Exiliado na República Arxentina, nos comenzos da Guerra Civil, chegou a ser unhos dos mais afamados artistas plásticos dese país e mantivo sempre unha relación epistolar cos intelectuais e artistas comprometidos que acó quedaron. Entre eles Isaac Díaz Pardo, con quen se voltou a atopar no ano 1955, cando Isaac foi a Arxentina coa disculpa de montar a fábrica de cerámica Porcelanas de Magdalena, para mellorar a que creara acó, Cerámicas do Castro. No fondo o que pretendía Isaac era coñecer e relacionarse con Seoane e o extraordinario grupo de galegos exiliados e amigos dél totalmente descoñecidos na Terra: Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco Amor, Arturo Cuadrado, Ramón de Valenzuela, Núñez Búa, Antonio Baltar, Lois Tobío, Maruxa Mallo e un longo etc., e animalos a voltar.
Das conversas cos exiliados, sobor de todo con Seoane, nace a idea de restaurar a tradición da antiga cerámica de Sargadelos, pechada en 1875. Sargadelos representaba en verbas deles «o primeiro esforzo industrial organizado de Galiza, creado polo Ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez en 1792 e merecía unha homaxe». Que mellor que crear un novo Sargadelos mixturando as nosas tradicións, culturas populares e os movimentos renovadores da arte galega, a partires de Castelao, coas correntes estéticas das vangardas internacionais da arte como racionalismos, dadaismos, constructivismos, etc.. E a riqueza dos caolíns da Mariña.
Coa experiencia da fábrica de Magdalena na Arxentina, nace o Laboratorio Cerámico de Magdalena, que contemplaba entre outras, un Laboratorio para o estudo das formas. No ano 1963 Seoane e Isaac crean o Laboratorio de Formas de Galicia, S.L. entidade que iba a dar apoio ideolóxico, ético e estético para restaurar institucións de prestixio do noso pasado galego. Nace así como primeiro emprendimento, o novo Sargadelos, que axudaría a financiar o resto, ao que seguirían a editorial Edicións do Castro, o Museo galego de arte contemporánea Carlos Maside, o novo Seminario de Estudos Galegos, e os actualmentes pechados, Seminario de Estudos Galegos, Instituto Galego de Información en Santiago, e o Seminario de Sargadelos.
A primeira actividade do Laboratorio de Formas foi rexistrar a empresa Fca. de Cerámica de Sargadelos S.L. co actual logotipo, e suscribir un convenio con Cerámicas do Castro para poñer en marcha o proxecto técnico. O Laboratorio se reserva no convenio, a dirección do novo Sargadelos como garantía da orientación futura de éste, e organiza a entrada de outros socios. Se trataba de garantizar que o nome histórico de Sargadelos non fose motivo de especulación por formar parte da nosa historia recente.
A presenza de Seoane en Sargadelos é contínua. Realiza moitos deseños de pezas moi importantes, pois decía que os galegos va a coñecer a nosa historia, aínda que teñan que mercala nos bazares. Saien así das súas mans as xarras dos persoeiros medievais de Galiza, os ramos, o páxaro sol, a pomba pedra, o gato pedra, xarrón gaivotas e un longo etc. Isaac traballa na posta en marcha da factoría e deseña os botixos, caretas, figuras populares, bruxas, apostoles , etc. e servizo de mesa inspirado na nosa historia e cultura popular. O novo Sargadelos se inaugura en 1970. Desgraciadamente, Seoane morre no ano 1979 na Coruña. Isaac continua a laboura mellorando o Complexo con novas institucións. Nace en 1972 o Seminario de Sargadelos que vai a levar o peso do deseño, comunicación, organización, materiais, investigación e técnicas de producción, e as Experiencias Estivais Sargadelos que finaron en 2006, logo de 35 anos consecutivos. Outro dos logros do Laboratorio de Formas foi conseguir no ano 1972 a declaración das vellas instalacións fabriles de finais do século XVIII como Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, coa creación do Patronato de Sargadelos e a restauración da casa da Administración.
Os acontecimentos do ano 2006, co cese de Isaac Díaz Pardo como representante do Laboratorio de Formas na presidencia de Sargadelos, orixina un conflicto social aínda sin resolver xudicialmente pero o Convenio suscripto no ano 1965 polo Laboratorio de Formas e as Cerámicas do Castro para restaurar Sargadelos está ahí protocolizado, e confiamos en que se resolva positivamente para ben do pais e se lle devolva ao Laboratorio de Formas a dirección para garantir o seu futuro, recuperando as raíces. Faríamos así o mellor homaxe ao gran intelectual e artísta Luis Seoane, que conxuntamente con Isaac Díaz Pardo restauraron Sargadelos, evitando a especulación.