Chairegos afectados polas concesións mineiras estudan como facerlles fronte cos plans urbanísticos

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

27 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Os plans xerais de ordenación municipal que se están a tramitar nos concellos de Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza poden ser un instrumento decisivo para protexer os intereses dos veciños deses municipios afectados polas concesións mineiras feitas á empresa Erimsa. Para falar da posible incidencia deses planeamentos urbanísticos nas actividades extractivas e mineiras que esa firma pretende levar a cabo nos tres concellos citados, mañá ás catro e media da tarde vaise celebrar unha reunión nos locais do antigo instituto de FP de Matodoso. A reunión convocouna o Ateneo Galeguista da Terra Chá, e nela falarase do novo escenario para a explotación mineira que se presenta a raíz da reforma da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural.