No Consello Galego de Medio Ambiente, a Sociedade Galega de Historia Natural ten pedido que as granxas de visóns fosen catalogadas como explotacións de risco biolóxico pola súa afectación á biodiversidade, que ademais é ben coñecida e ben documentada. Pedimos tamén que houbese sistemas de alarma en cada unha delas para detectar eses intrusos que din ser liberadores animais.
Que haxa danos nas facendas non nos estraña en absoluto. É un animal que está ben adaptado e que busca as súas alternativas. Co problema das especies invasoras, a sociedade non é consciente da gravidade que supoñen. No século XXI están a ser xa unha ameaza, ou unha das maiores ameazas, en Galicia para a conservación da biodiversidade. É imprescindible controlar as especies invasoras o antes posible, e dende logo debera prohibirse a comercialización das que se usan como mascotas