Compromiso por Galicia defende en Lugo «unha revolución de sentido común»

LUGO

PRADERO

Xoán Bascuas e Iván Marrube sinalaron que os xulgados lucenses «son a zona cero da política»

11 oct 2012 . Actualizado a las 23:27 h.

O mitin central de Compromiso por Galicia en Lugo celebrouse este serán no instituto Virxe dos Ollos Grandes, coa intervención do candidato á presidencia da Xunta, Xoán Bascuas; do candidato pola provincia de Lugo, Iván Marrube; e de Xosé Anxo Lage e Rocío López. No seus discursos sinalaron que para Compromiso a rexeneración democrática «é o primeiro». Marrube dixo que «os xulgados de Lugo son a zona cero da política, en vez das demandas da cidadanía». Pola súa banda, Bascuas subliñou a súa preocupación porque os gobernantes consideran a educación un gasto e fixo fincapé na necesidade de que os libros de texto sexan gratuítos. O histórico nacionalista lucense Xosé Anxo Lage falou da crise para referirse a que «non se pode reducir o déficit a calquera prezo, e menos aínda ao de rematar co benestar social». A número dúas da lista por Lugo, Rocío López, afirmou que propoñen medidas para desenvolver o sector agrario, como a promoción do cooperativismo, a creación de unidades para a comercialización e a produción de produtos agrodandeiros no sector alimentario ou a internacionalización destes productos».