O exministro Jordi Sevilla e catro expertos da Administración pública debatirán mañá en Lugo sobre o futuro de Deputacións e pequenos concellos

La Voz / Lugo

LUGO

A Deputación organiza o cuarto Encontro de cooperación cos concellos

27 ene 2013 . Actualizado a las 14:40 h.

Cinco expertos de recoñecido prestixio no ámbito da administración pública e o Dereito constitucional debaterán mañá luns no cuarto Encontro de cooperación cos concellos, organizado pola Deputación de Lugo, sobre o futuro dos organismos provinciais e os pequenos concellos. Para abordar este tema de máxima actualidade e transcendencia para as entidades locais, a Deputación preparou dúas mesas redondas e unha conferencia, para as que conta cos seguintes profesionais:

- Manuel Zafra: profesor titular de Ciencia Política e da Administración Pública da Universidade de Granada. Foi director xeral de Cooperación Local no Ministerio de Administración Públicas; director xeral de Administración Local na Junta de Andalucía e director do Plan Estratéxico da Deputación de Granada.

- Jordi Sevilla: Ministro de Administracións Públicas (2004-2007). É licenciado en Ciencias Económicas e pertence ó Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado.

- Roberto Blanco Valdés: Catedrático de Dereito Político e Constitucional da USC, e escritor de máis de cen traballos e unha decea de libros.

- José María Gimeno Feliu: Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Zaragoza. Trátase dun experto en contratación pública, que preside dende o 2011 o Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Aragón.

- Alba Nogueira: profesora titular de Dereito Administrativo da USC.

Asistentes e programación

Unhas 150 persoas de toda a provincia asistirán á cuarta edición do Encontro de Cooperación, que se celebrará entre as 10:30 e as 18:30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. A programación do Encontro será a seguinte:

-10:30 horas: Inauguración das xornadas a cargo do presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.

-11:00-12:30 horas: mesa redonda e coloquio titulada «Os Gobernos locais intermedios en España e Europa. As Deputacións como Gobernos intermedios. Presente e futuro». Interveñen Manuel Zafra e Roberto Blanco Baldés, e modera o xornalista lucense Benigno Lázare.

-13:00-14:00 horas: conferencia «A contratación conxunta. Instrumentos xurídicos: unha reformulación da xestión dos contratos públicos», a cargo de José María Gimeno Feliu.

-16:30-18:30 horas: mesa redonda «Os pequenos municipios diante a reforma do réxime local». Interveñen Alba Nogueira e Jordi Sevilla, e modera Benigno Lázare.

-18:30 horas: Clausura a cargo do deputado provincial Álvaro Santos.