A Tradescola imparte un curso de confección de palletas e pallóns de gaita

Lugo / La Voz

LUGO

PRADERO

Dirixe as sesións o artesán Xaime Pena

04 may 2013 . Actualizado a las 19:43 h.

O artesán Xaime Pena imparte hoxe un curso de confección de palletas e pallóns de gaita na Tradescola, a escola de música tradicional que xestiona en Lugo a Asociación de Gaiteiros Galegos no complexo Lug 2. O seminario tivo unha ampla demanda e as prazas ofertadas foron curbertas con antelación. Nas sesións, os alumnos teñen a posibilidade de adquirir nocións básicas sobre a construción e a manipulación destes elementos básicos da gaita, así como dos materiais con que se realizan. Tamén se incide na importancia das condicións atmosféricas para que palletas e pallóns se conserven nun estado óptimo.

Un oficio que poucos conseguen dominar

O oficio de palleteiro requiere un alto grao de especialización xa que se trata dunha actividade artesanal difícil e chega de segredos. «Os poucos que o conseguen dominar -subliña o colectivo- é a costa de levar traballando e experimentando durante moitos anos».

O palleteiro Xaime Pena iniciou a súa historia como palleteiro alá polos anos 80. Foi nesas datas cando empezaron os seus primeiros contactos co mundo das palletas, da man do seu pai, José Adolfo Pena, a quen lle axudaba na preparación dos materiais necesarios para a súa construcción: cañas, tubos, aneis e o

preatado das mesmas. Entorno ao año 2000 retomou a construción de palletas, esta vez xa en solitario.