O BNG pide axilidade para reabrir o Museo de San Roque

La Voz

LUGO

21 may 2013 . Actualizado a las 22:10 h.

O BNG dirixiuse ao goberno do Concello para que axilice os trámites necesarios para facer efectivo o acordo establecido coa Xunta para realizar as obras de rehabilitación no Museo de San Roque. Para os nacionalistas «resulta preocupante a tardanza en resolver o acordo de hai máis dun ano». O edil Antón Bao dixo que no goberno do PSOE «falta timón político» para acometer este proxecto».