
Remata esta madrugada o festival de folk decano de Galicia con éxito de público e de actividades
05 ago 2013 . Actualizado a las 01:08 h.A edición 34 de Pardiñas rematade madrugada de novo cun éxito de público e de actividades, tan variadas que os asistentes ás veces xa non sabían a que atender. Foi de novo un encontro de artistas, desde os máis recoñecidos ata calquera persoa anónima que se achegou para gozar dunha festa da ledicia e do compromiso. Noraboa de novo a Xermolos.
Cousas da Xunta
Este ano, e por primeira vez, a organización, para poder acceder á subvención que concede a Xunta tivo que cobrar entrada, «como mínimo ao 50% dos espectáculos». O espírito de Xermolos non é ser mercantilista, polo que cobraron tres euros, que daba dereito a unha consumición e a unha pulseira de regalo.
Emotivo recordo
Na edición deste ano de Pardiñas houbo un recordo para as vítimas do accidente ferroviario. Nese tren ían amigos do festival de toda a vida. Mini e Mero cantaron a canción Alén dos recordos coma homenaxe.
Madrugadas musicais
Os concertos da noite e da madrugada volveron a ser masivamente seguidos polos afeccionados á música. Nondefraudaron os grupos que viñeron de fóra, pero tampouco os nosos, como Os Minhotos e Susana Seivane, onte mesmo. O amigo Dr. Think e Mr. Fishman e Mike Rolling puxeron o pano dun festival imprescindible.