O berro de Nunca Máis volveu saír á rúa en Lugo

MARÍA CARAVEL

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

16 nov 2013 . Actualizado a las 06:59 h.

1Cando se cumpren 11 anos da catástrofe medio ambiental do Prestige, Nunca Máis volveu saír á rúa, pero desta volta para rexeitar a sentenza que deixa no limbo a responsabilidade dun sinistro que cubrir a costa de Galicia, tamén a de Lugo, de chapapote. Cerca de mil persoas acudiron á concentración convocada pola plataforma na Praza da Soidade. Entre elas estiveron políticos do BNG, como o deputado Cosme Eladio Pombo e os concelleiros Antón Bao e Paz Abraira, e do PSOE, como o secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, ou o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo. Leron o manifesto os voceiros de Nunca Máis: Xosé Manuel González e Adela Figueroa.

Magosto na Milagrosa

2e 3 Máis festeiro foi o magosto que organizou na Praza da Milagrosa a asociación veciñal que preside Valentín Arias. Douscentos quilos de castañas, viño e música tradicional animaron a cita. No mesmo barrio, o colexio Divina Pastora acolleu un festival moi animado en beneficio de Cáritas.

Recoñecemento a Ónega

4E José Ramón Ónega, actual delegado da Xunta na capital, foi nomeado presidente de honor do centenario do Centro Galego de Madrid. Acompañárono familiares e numerosos galegos, como a ministra Ana Pastor, Núñez Feijoo, José Blanco ou César Antonio Molina, entre outros moitos.