O Iescha presenta mañá unha recompilación de artigos de Bernardo García Cendán

LUGO

O profesor será nomeado socio de honra da entidade a título póstumo

09 ene 2014 . Actualizado a las 21:48 h.

En Vilalba, mañá (Casa da Cultura, oito da noite), preséntase unha obra que lembra a traxectoria do falecido profesor, ensaísta e crego Bernardo García Cendán nun acto que organiza o Instituto de Estudos Chairegos. Non é un traballo sobre el, senón un conxunto de traballos que escribiu para diversos medios e que agora se xuntan nun único volume, «Cartas a Antón». Agustín Fernández Paz (escritor e autor do limiar), Martín Seco García (ex concelleiro en Vilalba e sobriño de García Cendán), Xosé María Felpeto (profesor) e Manuel Castro Santamariña (presidente do Iescha) interveñen no acto, no que García Cendán será ademais nomeado socio de honra do Instituto de Estudos Chairegos.