
A celebración pechouse cunha muiñeira interpretada por varias xeracións de músicos, entre os que se atopaba Susana Seivane
05 nov 2018 . Actualizado a las 17:41 h.O premio Ramón Piñeiro Facer País poucas veces rematara cun acto tan musical coma o de onte cando a familia Seivane cerrou o acto no que lle concederon o galardón interpretando conxuntamente unha muiñeira na que interviñeron o fillo, a neta e os bisnetos do patriarca da saga, Xosé Manuel Seivane.
O certame comezou coa recepción no Concello lancarino aos homenaxeados, que desde alí partiron cara a Láncara para coñecer a casa natal de Fidel Castro.
O acto central celebrouse na antiga casa consistorial e escola de Láncara e foi conducido pola xornalista Ana Casanova.
O momento máis emotivo que se celebrou antes da entrega do galardón foi o recordo ao dirixente da asociación cultural Val de Láncara, organizadora do certame, Manuel Fernández Arrojo, falecido recentemente e a quen anunciaron que lle van a poñer o seu nome a área recreativa da localidade.
O protocolo da celebración marca que o gañador da derradeira edición sexa o encargado de facer entrega do premio e así foi, neste caso encargouse de facer entrega do agasallo a familia Seivane Alfonso Blanco, presidente de Xermolos.