A unión de hai cen anos para pedir a autonomía de Galicia

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO

La Voz de Galicia foi detallando fervor que se vivía na comunidade ante a celebración da asemblea nacionalista de Lugo, celebrada os días 17 e 18 de novembro de 1918

18 nov 2018 . Actualizado a las 20:50 h.

A celebración da Asemblea Nacionalista de Lugo foi un acontecemento seguido polos principais xornais galegos da época dada a transcendencia histórica, como reflectiu en varios artigos La Voz de Galicia. Aínda que eses días os grandes titulares de portada eran sobre o remate da I Guerra Mundial, a sinatura do armisticio e as consecuencias da guerra, foron varias as noticias que recolleron fielmente o espírito de exaltación que se vivía eses días na comunidade.

As primeiras referencias de La Voz de Galicia foron unhas semanas antes coincidindo coa morte dun dos impulsores da cita, Lois Porteiro, con 29 anos vítima do andazo do 18. O 2 de novembro, ademais de falar dos actos de homenaxe das Irmandades da Coruña na honra do finado, o xornal xa fala do aumento de adhesións á cita do 17 e 18 en Lugo, «donde se concretará el programa máximo del nacionalismo galaico». Catro días antes de celebrarse, xa coa paz asinada en Europa, unha nota na portada do xornal fala de que a asemblea de Lugo «resultará concurridísima».

Adhesións de toda Galicia

O día 16 publícase un entusiasta artigo sobre un acto nas Irmandades da Fala na Coruña, presidido por Lois Peña Novo, e onde se len adhesións de personalidades, colectivos e institucións, e que conta coa asistencia do cónsul de Portugal: «Se abogó por las nacionalidades y el debe que hay de trabajar para conseguirlo, como lo hacen otras regiones, llegando a formar así una gran Iberia». Remataba a crónica coa chegada dun telegrama do Concello de Ferrol «dando cuenta que la ciudad acordó pedir al Gobierno la autonomía para esta región, siendo recibido el telegrama con muchos aplausos».

Ao día seguinte, día 17, La Voz ademais dun extenso artigo de Ramón del Cueto sobre a posibilidade de que a minería fose o porvir de Galicia, recolle a petición do Concello da Coruña «de que se otorgue a Galicia la autonomía integral», e destaca que na asemblea que se celebra ese día en Lugo non deixa de ser a expresión de «hemos llegado a una hora en que el concepto uní- formista y centralizador del Estado no puede caber en conciencia alguna».

Posición clara

A noticia de La Voz posiciónase claramente: «E1 regionalismo, admitido ya en todos los campos de la política española como un problema digno de respeto, de estudio y de solución, adquiere al presente, en nuestra tierra, una vigorosa forma de expresión; y es incuestionable que, para llevar sus fines a vías de hecho, obteniendo del Estado la autonomía central, han de realizar sus mantenedores todos aquellos trabajos de preparación y de compenetración de provincia a provincia, de ciudad a ciudad, de rueiro a rueiro, indispensables para que lo que ahora es aspiración manifestarla por los Concejos de dos poblaciones, lo sea, unánimemente, de todos los de Galicia, partiendo, por supuesto, de que haya en ello base».

Xa o día 19, La Voz de Galicia, abre a súa portada co acontecido na asemblea de Lugo, que se celebrou no el Teatro Lugo-Salón. «Concurrieron a este teatro los Srs. Losada Diéguez, de Orense; Peña Novo, Villar Ponte, López Abente, Cabanillas, Quintanilla, Paratcha, Noguerol, Taibo y Banet Fontenla, quedando constituida la Asamblea bajo la presidencia del primero do dichos propagandistas. Después celebróse el anunciado mitin público galleguista». Dáse conta do que comunicaron cada un dos participantes.

Conclusións e pau

O día 20, o xornal analiza as conclusións e fai comentarios sobre a asemblea. Recolle as reclamacións que se expuxeron no manifesto, que pasan pola autonomía integral para Galicia, a municipal, a cooficialidade do galego e castelán, igualdade de relacións con Portugal e co resto de España e poder autonómico, con competencias en transporte, banca, leis sociais, igualdade de dereitos, xustiza ou educación. Iso si, na información dáse un pau pola falta de transparencia informativa, en contraste cos actos nacionalistas que eses días se viviron en Cataluña. A crónica sinala: «Hemos de expresar nuestra extrañeza ante el hecho de que tas conclusiones de una asamblea a la que se quiere dar tanta importancia y que pretende ser el eje de la renovación de Galicia, se hayan acordado por un grupo a puertas cerradas, y no aparezcan dadas a los diarios locales, ni de Lugo ni de La Coruña».

O día 21 La Voz de Galicia anuncia que ao día seguinte, tal e como fixo, publicaría o manifesto completo, onde se detalla o corpus ideolóxico que xurdiu daquela histórica asemblea.

Consecuencias

O ecos e o éxito de participación daqueles 17 e 18 de novembro de hai cen anos duraron varios días na prensa, e así o 26 dese mes, en La Voz de Galicia, dáse conta do acordado en Lugo na reunión das Irmandades da Fala na Coruña, e que logo se levaría a outras cidades. Antón Vilar Ponte fixo ese día un discurso, que foi referenciado deste xeito: «También habló da la conclusión da la Asamblea en la cual se afirma que si cuando ya anuncien Cortea constituyentes no se le da a Galicia una garantía excepcional con objeto de que las elecciones puedan efectuarse con absoluta libertad para los ciudadanos, los galleguistas apelarán seriamente, a Cataluña y Euskadi, y si esto no bastara, al Estado europeo más afín, porque tolerar lo contrario sería nuestro eterno ‘lasciate ogni speranza’».