Guitiriz estrea pavillón polideportivo

La Voz

LUGO

Deputación e Concello inauguraron esta instalación na parroquia de San Xoán de Vilagostelle

12 ene 2019 . Actualizado a las 18:58 h.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, participaron este sábado na inauguración da nova superficie do Pavillón Polideportivo Municipal de Guitiriz, situado na parroquia de San Xoán de Vilagostelle. O chan, totalmente renovado cunha achega de 80.000 euros do organismo provincial, adecuouse á práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán, tenis, voleibol e outras disciplinas deportivas de interior. Ao rematar as intervencións os rapaces das escolas deportivas de Guitiriz continuaron coa súa xornada, disputándose dous partidos, un de cadetes e posteriormente un de infantís.