Amplían como novedade o servizo de madrugadores a todos os centros
14 jun 2020 . Actualizado a las 14:10 h.O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a apertura do prazo de inscrición nos comedores escolares entre o 15 de xuño e o 31 de xullo. Segundo Felipe Rivas, «este ano, como novidade, ampliamos o servizo de madrugadores e madrugadoras a todos os centros».
O edil de Educación informou de que «se están a realizar protocolos de actuación seguindo as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que serán dinámicos e estarán sempre acorde ás últimas indicacións emitidas».
Conciliación
Rivas indicou que «debido á redución de aforo, realizarase un baremo para outorgar as prazas tendo en conta como criterio principal as posibilidades de conciliación das familias». Segundo o edil, «as familias que non accedan a unha praza na primeira adxudicación, manteranse en lista de agarda para un posible aumento de aforo no caso de que o permitan as autoridades sanitarias».
Felipe Rivas informou que «os prezos seguirán sendo os mesmos que no último curso escolar, e para solicitar unha praza deberá cubrirse a solicitude que se atopa na páxina web do concello, e entregalo mediante o rexistro telemático ou de maneira presencial, solicitando cita previa no 010».