Imaxes poéticas para sentir o estado de alarma

La Voz LUGO

LUGO

As fotografías están expostas no Mesón do Forno
As fotografías están expostas no Mesón do Forno XOSE MARRA

Unha mostra de fotografías e textos de Xosé Marra repasa as sensacións que deixaron nos cidadáns os meses máis duros da pandemia

06 oct 2020 . Actualizado a las 14:00 h.

Unha nova exposición abriu esta semana as súas portas. Trátase dunha mostra que combina imaxe e texto, fotografía e poesía, para inmortalizar as estampas e as sensacións que deixaron nos cidadáns as semanas que durou o estado de alarma. E así precisamente é como se titula esta mostra, Estado de alarma, con fotos e textos do artista lucense Xosé Marra, que se poden contemplar no Mesón do Forno de Lugo (Río Ser, 12).

A exposición pasou antes pola Casa Habanera de Guitiriz, coincidindo tamén cos actos culturais do Festival de Pardiñas, que organizou a asociación Xermolos.

Precisamente desde este colectivo explican que Xosé Marra «ten participado en moitas exposicións na Casa das Artes de Pardiñas, en proxectos documentais, facendo memoria dos nosos poetas coma Manuel María e Díaz Castro, e tamén rexistrando no colectivo as luces e as sombras da cotidianeidade. Xosé Marra é un gran creador grazas á súa sensibilidade, dotando o seu traballo dunha forte calidade estética e dun rexo compromiso social a prol da dignidade das criaturas».