Jaime López: «Impulsamos a Vieites dende Lugo para que se vexa a unidade empresarial»

A patronal lucense presentouno como candidato á Confederación Galega

Jaime López lidera a Confederación de Empresarios de Lugo
Jaime López lidera a Confederación de Empresarios de Lugo

lugo / la voz

Dous meses despois dos comicios errados e da presidencia de 48 horas de Díaz Barreiros, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) está a piques de celebrar novas eleccións. Este xoves péchase o prazo para inscribir candidaturas (e o 21 votarase) e a día de hoxe só Juan Manuel Vieites-Baptista de Sousa, secretario xeral de Anfaco-Cecopesca e vicepresidente da patronal de Pontevedra, deu un paso á fronte. Vieites preséntase como candidato da Confederación de Empresarios de Lugo e o presidente desta, Jaime López, ten as claves.

-A CEL apadriña un candidato que é vicepresidente en Pontevedra. Isto é o que se chama un candidato de consenso?

-Si, a priori esta candidatura leva traballándose en sixilo certo tempo e nun principio existe consenso maioritario das organizacións que forman parte da CEG sobre a figura de Vieites. Impulsalo dende Lugo é para que se vexa ese concepto de unidade empresarial, que non é un tema de localismos. Lugo tamén promove a súa figura porque é moi relevante para a nosa provincia polo Brexit e a flota, que é a que ten máis licencias de pesca na zona de xurisdición británica. Juan é unha persoa cun expertise niso e en fondos europeos e proxectos de recuperación comunitarios. Temos unha moi boa relación con el dende hai moitos anos, é un gran xestor e cremos que pode ser o candidato idóneo para deixar de perder o tempo.

 -Fala de que xa levan un tempo traballando na súa candidatura. Dende a renuncia de Díaz Barreiros?

-Si, porque había unha urxencia evidente de ter un presidente á fronte da CEG. Á marxe de todo o que ía saíndo nos medios, onde había postulamentos non oficiais, nós tiñamos contacto con el, e falando é como se arranxan as cousas. Houbo conversas e chegouse ao acordo de que podía ser unha figura idónea.

-Quen tomou a iniciativa?

-Lugo leva moito tempo falando con Juan, agardando a que fose o momento oportuno e el estivese convencido de asumir este rol. Víase que era unha figura de consenso que aglutinaba o interese empresarial. Como el dixo, xa falou con diferentes empresas que lle amosaron o seu acordo.

-Vostedes falaron coas outras organizacións para lograr o seu respaldo?

-Si, hai un contacto permanente entre as catro confederacións e hai unha visión común de que pode ser unha figura de consenso.

-Cre que é a persoa idónea para superar o pulso norte-sur?

-Si, digamos que é un xesto en diagonal para evitar a conflitividade que poida existir norte-sur, que se vexa que é de unidade e apoiado a iniciativa da CEL.

-Como definiría a Vieites?

-O máis importante é que xa demostrou ao longo de anos experiencia na xestión de conflitos no ámbito pesqueiro, no extractivo, na conserva. Logrou levar adiante a Anfaco con moito éxito, foi quen de xestionar os recursos públicos e os privados en comuñón para o Centro tecnolóxico da conserva e coñezo a súa capacidade nas relacións internacionais. O seu contacto co Reino Unido é moi importante neste período. Para Lugo, cremos que sería un bo presidente, recoñecemos a súa labor como xestor e empresario.

-O xoves remata o prazo para que se presenten candidatos. Agarda algunha sorpresa?

-Non o sei. Aquí a posibilidade de que se presente calquera membro da asemblea xeral existe, pero hai un traballo moi claro respecto a que o ideal sería ter unha figura de consenso que acabe con ese debate estéril.

-A CEG non pode permitirse seguir sen rumbo.

-A institución non pode seguir soportando danos por estar nunha pelexa que é inexistente moitas veces por ese norte-sur. E o debate que se tenta xerar sobre organizacións sectoriais tamén é estéril porque estas están aglutinadas nas territoriais.

«Temos que rematar os ciclos produtivos na provincia»

Logo dun 2020 pandémico, o novo ano preséntase como un exame para a economía da provincia, rodeada de desafíos.

-Como afronta o empresariado lucense este 2021?

-Con moita cautela, tendo en conta as fortalezas da nosa provincia como produtora no ámbito das materias primas e demais. Xa se demostrou durante a pandemia que fomos unha provincia despensa para España, pero temos que ser moi cautelosos e buscar que estes fondos que veñen agora para recuperación axuden a establecer proxectos sistémicos para terminar ciclos produtivos e que as nosas empresas poidan desenvolverse no ámbito industrial. Nunha crise sempre teñen que xurdir oportunidades centradas na parte sistémica da economía, non para aproveitar negocios que poidan ser puntuais. Hai que buscar cousas que teñan futuro e que permitan que a poboación nova se manteña aquí e non ter problemas demográficos coa Galicia a dúas velocidades.

-Trátase de lograr máis valor engadido?

-Si, o gran obxectivo da provincia ten que ser sacar ese valor engadido que outras veces extraen outras comunidades dos propios produtos que producimos nós. Por iso a confederación apostou pola creación da Fundación Agroalimentaria Galega, que ten ese punto de ser un instrumento para canalizar as demandas das empresas e os ciclos produtivos e sacar o valor engadido.

-No 2021 tamén se aclarará a situación de Alcoa.

-Xa tiñamos avisado de que a multinacional non tiña sentimentos cara a provincia, senón que o que buscaba eran outras cuestións. Temos que ser moi cautelosos porque representa moito no PIB e temos que pelexar por unha solución que permita que se manteña a actividade industrial e a poboación activa.

-Que opinión lle merece o programa Lugo Transforma?

-Todo o que sexan apoios no ámbito da administración, que é para o que está, é positivo. Temos que mirar despois a eficacia, pero nun principio temos que valorar positivamente a creación de fondos mixtos e de inversión por parte da administración pública para proxectos empresariais.

Vieites oficializa su candidatura para presidir la CEG

M. B.

Las elecciones se celebrarán el próximo jueves 21 de enero

Juan Manuel Vieites-Baptista de Sousa, actual secretario general de la patronal conservera, ha hecho oficial su candidatura para presidir la Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), un proyecto que presentará este mismo jueves en Lugo, provincia por la que concurre con el aval de esa confederación. El plazo para que otros puedan presentarse expira ese mismo día y, salvo sorpresa de última hora, será el único que lo haga. Las elecciones se celebrarán el próximo jueves 21 de enero.

Con la más que probable elección de Vieites, un candidato que goza de un amplio consenso, la CEG abrirá una nueva etapa tras un largo período de desencuentros y luchas internas, que han abocado a la patronal gallega a estar más de actualidad por las maniobras y las dimisiones que por su papel como agente social. En apenas siete años, han pasado por la CEG nada más y nada menos que cuatro presidentes. Y en un caso insólito en el panorama español, la patronal ha estado casi dos gobernada provisionalmente por una junta, con el coruñés Antonio Fontenla al mando en la sombra.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

Jaime López: «Impulsamos a Vieites dende Lugo para que se vexa a unidade empresarial»