O actor e director actúa este sábado en Outeiro de Rei con «Memorias dun neno labrego»
10 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.O auditorio da Casa-Museo Manuel María, de Outeiro de Rei, acolle este sábado ás 19.00 horas o monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego. Un libro sobranceiro da literatura galega, que é o máis editado e traducido, e publicado por primeira vez hai sesenta anos pola editorial Follas Novas, de Bos Aires. Trátase dun espectáculo teatral emotivo e divertido, para o que cómpre reservar billete, por 5 euros, en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no WhatsApp do 698 177 621.
-Era consciente Neira Vilas de que ía marcar a tantas xeracións de galegos?
-Non, para el foi todo un descubrimento que o seu libro se convertese nunha especie de biblia de todo ese universo galego.
-Todos levamos un labrego dentro, non?
-Todos somos un pouco Balbino, ou fillos dun Balbino. E en Galicia as cidades non son moi grandes e perméanse moito co rural.
-Como manexaches tan boa materia prima?
-Tiven unha colaboración entusiasta de Neira Vilas, que agradecerei eternamente. E a fórmula narrativa, de monólogo, prestouse moi ben.
-Farás algo tamén sobre Manuel María?
-Non teño nada, pero prepararei algo nalgún momento. Curiosamente, cadroume ter que levar o cadaleito dun autor e do outro cando morreron.