O Arde Lucus contará con máis de 50 actividades no seu primeiro ano como Festa de Interese Turístico Internacional

Lugo LA VOZ

LUGO

A presentación do programa do Arde Lucus 2023 na Praza Maior.
A presentación do programa do Arde Lucus 2023 na Praza Maior. CEDIDA

A celebración, que terá lugar do 22 ao 25 de xuño, recupera este ano o «flabellum», así como talleres, conferencias e microteatros

17 mar 2023 . Actualizado a las 17:56 h.

Lugo prepárase un ano máis para revivir o seu pasado romano a través do Arde Lucus, do 22 ao 25 de xuño, e «como antesala a unha festa, declarada de Interese Turístico Internacional presentamos, como paso previo a unha edición moi especial, máis de medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, deseñadas pola concellería de Xuventude e coa colaboración das 19 asociacións de recreación histórica da nosa cidade» explicou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

 A rexeora adiantou que se trata dunha programación gratuíta, moi completa e pensada para tódolos públicos. E engadía que, «traballamos en alimentar a nosa recentemente declarada Festa de Interese Turístico Internacional con actividades, desde marzo ata xuño, para seguir facéndoa cada vez máis e máis atractiva».

Recupérase o obradoiro «Flabellum»

Entre as novidades, a programación recuperarará este ano o obradoiro de creación dun «flabellum» contra a calor que realizará a asociación Kertix, así como talleres, conferencias, microteatros e actividades de asistencia exclusiva para que o estudantado - Colexio Maristas, Colexio Paradai, IES Lucus Augusti, Colexio de Fingoi, Colexio Rosalía de Castro, Centro de Santa María,  Facultade de Humanidades -  e o tecido asociativo da cidade ? ADACE, ASPNAIS - , coñeza máis de preto a festa.

Ciclo galego-portugués e Festa da Primavera

Dentro da programación esta incluído o ciclo de conferencias «Gallaecia: pasado común do Noroeste peninsular» co obxectivo de dar a coñecer ese pasado compartido  de Galicia e Portugal, para comprender mellor o noso presente. Contando con conferenciantes de toda Galicia e Portugal, da talla de Santiago Ferrer, Fermín Pérez Losada, Rubén Álvarez Asorey, Miguel Sopas de Melo Bandeira, entre outros.

A Cohors III Lucensium levará a cabo diferentes relatorios no Vello Cárcere, que tratarán temáticas de arquitectura urbana, de menciña, de arte e aparellos fluviais da cunca do Miño, ademais de acoller unha charla moi interesante sobre a prostitución, o sexo e a vida multiemocional na antiga Roma, da man de Ana Castro, psicóloga sanitaria e sexóloga. Neste senso Senatus Lucus Augusti, organizará un ciclo de conferencias sobre a historia de Lugo, en diferentes xornadas.

Volve a xa consolidada Festa da Primavera, terá lugar na Horta do Seminario. As asociacións Civitas Lucensis, Clan De Breogán, Lugdunum, Mercenarios Galaicos e Trebas Galaicas participarán con diferentes obradoiros de traballos en coiro, barro, cociña e cestería, pero tamén prepararán unha representación das vodas celtas, das ofrendas dos e rituais inspirados nos antigos poboadores.

obradoiros mosaico e recreación do Natalicio

Un ano máis, voltaremos a gozar dos obradoiros de mosaicos con teselas de barro, de confección, de elaboración de reloxes de sol, de hamatas, xogos romanos, unha xincana e unha a exposición de hamatas da man das asociacións Salesiani Luci Augusti, Ara Roma, Asemblearias de Lucus Augusti e Terra Corpora.

Enmarcada nesta programación tamén está incluído a recreación do Natalicio no que participaran as asociacións Ara Roma, Asemblearias De Lucus Augusti, Cohors III Lucensium, Guardia Pretoriana, Kertix, Lucus Equites, Lucus Icenas Miliatore, Pax Romana, Salesiani Luci Augusti e Senatus De Lucus Augusti , e a cidade voltará a acoller diferentes paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox da man de Senatus de Lucus Augusti e das Vestales de Lucus Augusti.