Malores Villanueva e Patricia Arias analizarán en Lugo a figura de Francisco Fernández del Riego

la voz LUGO

LUGO

Malores Villanueva, autora de «Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia».
Malores Villanueva, autora de «Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia». Oscar Vázquez

Será nun acto que se celebrará este xoves 26 de outubro e organizado polo Club Valle Inclán

25 oct 2023 . Actualizado a las 11:32 h.

O Club Cultural Valle-Inclán celebra as Letras Galegas de 2023, dedicadas pola Real Academia Galega ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Nos últimos anos, o colectivo lucense programou esta actividade no derradeiro trimestre, «cando semella que xa se olvidou a festa, moi viva nos primeiros meses do ano»

Este xoves, día 26 de outubro, desenvolverase o coloquio que leva por título «Francisco Fernández del Riego, un lugués universal», no que actuarán de relatoras Malores Villanueva Xesteira e Patricia Arias Chachero, especialistas no estudo, análise e divulgación da vida e da obra de Fernández del Riego. 

Ambas son profesoras de secundaria da asignatura de Lingua e Literatura Galega, escritoras e investigadoras de recoñecido prestixio no eido cultural de Galicia. 

O acto celebrarase no salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere, ás 19.30 horas. A entrada é libre. «Invitamos a asistir a cantas persoas estén interesadas no tema». O Valle Inclán completa a celebración coa edición dun marcador de libros, «que repartiremos entre os asisentes, e unha viaxe pola Lourenzá de Don Paco na que participará un nutrido grupo de socios do Valle-Inclán».