O Servizo de Atención Temperá da comarca de Sarria estrea novas instalacións

Paula Álvarez García
P. ALVAREZ SARRIA / LA VOZ

LUGO

Representantes de concellos da comarca visitaron este venres as novas instalacións
Representantes de concellos da comarca visitaron este venres as novas instalacións LAURA LEIRAS

Representantes dos concellos da comarca de Sarria realizaron este venres unha visita ao novo local, que atende a nenos e nenas en idade de 0 a 6 anos e as súas familias

23 may 2025 . Actualizado a las 20:31 h.

Os alcaldes (ou representantes dos mesmos) da agrupación de concellos de Sarria, Láncara, O Páramo, Triacastela, Samos, Paradela e O Incio realizaron este venres unha visita as novas instalacións do Servizo de Atención Temperá da comarca, reafirmando o seu compromiso co mesmo. Trátase dun novo local situado no número 20-22 da Avenida de Becerreá, en Sarria.

O equipo de profesionais atende a diario nenas e nenos que o precisan así como as súas familias
O equipo de profesionais atende a diario nenas e nenos que o precisan así como as súas familias LAURA LEIRAS

A xuntanza, segundo explican, foi proposta e organizada polo Concello de Sarria, a entidade que asume a tramitación da subvención da Xunta para levar a cabo o servizo, ademais de levar a cabo a xestión administrativa precisa para o seu funcionamento e a supervisión e coordinación directa co equipo profesional que dende ese espazo atende aos nenos e nenas e as súas familias. Neste caso, aseguran, o obxectivo da xuntanza foi coñecer de primeira man os espazos e recursos recentemente habilitados para mellorar a calidade da atención prestada.

Esta visita fíxose para visibilizar a labor diaria dun servizo esencial para o benestar infantil, recoñecendo a súa relevancia tanto no apoio ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas como no acompañamento ás súas familias», indica Isabel Vergara, a edila de Igualdade do Concello de Sarria.

«Ademais, o servizo estase a consolidar como un referente para a comunidade a través da organización de xornadas e iniciativas que poñen o foco na infancia e nas súas necesidades, en estreita coordinación co sistema sanitario, educativo e social», engade Vergara. E conclúe: «Con esta visita institucional, os concellos da agrupación reafirman a súa aposta por un modelo de atención pública, próxima e sensible, que sitúe a infancia no centro das políticas sociais e educativas».