As actividades serán entre o martes 28 de outono e o domingo 2 de novembro
27 oct 2025 . Actualizado a las 15:11 h.A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades do Samaín 2025 de Lugo, que contará con distintas propostas de lecer que, segundo declarou Maite Ferreiro, «achegarán distintas propostas para todos os públicos nas rúas da cidade».
A área de Cultura programou actividades de animación nas rúas do casco histórico, que terán lugar o vindeiro 31 de outubro a partir das 21 horas polo casco histórico, coa actuación do Bloco Meigallo, e a Tambukda o 1 de novembro a partir das 21 horas.
O Vello Cárcere contará cunha programación especial para o Samaín, con actividades arredor desta data no espazo de lecer do centro cultural ao longo da semana. Para inscribirse, será preciso contactar co Vello Cárcere a través de correo electrónico (vellocarcere@lugo.gal) ou no teléfono 982 297 195. Ademáis, as salas museísticas municipais organizan unha xincana de samaín, con actividades a realizar ao longo da rede.
Programación Samaín 2025
- 28 de outubro: Viñetas arrepiantes. Obradoiro pequeviñetistas. 17.30h (nados entre 2013 e 2018). Biblioteca de O Vello Cárcere.
- 29 de outubro: A festa dos calacús. Obradoiro a toda cor. 17.30h (nados entre 2017 e 2022). Espazo didáctico de O Vello Cárcere.
- 30 de outubro: Contos de Samaín. Minirrelatos. 17.30h (nados entre 2013 e 2018). Biblioteca de O Vello Cárcere.
- 31 de outubro: Xincana Samaín. 17h. Museos Lugo (información en oficina de turismo e redes sociais @museoslugo). Actuación Bloco Meigallo. 21h. Rúas do recinto histórico.
- 1 de novembro: A pantasma colorida. Contacontos miúdos. 11h e 12.30h. (nados entre 2017 e 2022). Espazo de lecer de O Vello Cárcere. Xincana Samaín. 17h. Museos Lugo (información en oficina de turismo e redes sociais @museoslugo). Actuación Tambukda. 21h. Rúas do recinto histórico.
- 2 de novembro: Cousiñas xeitosas. 11h (nados entre 2017 e 2022). Espazo de lecer de O Vello Cárcere.