Un hórreo tradicional restaurado en Baleira para recuperar o símbolo da Fontaneira
A FONSAGRADA
![As labores de recuperación deron o seu froito e o hórreo loce impresionante na Fontaneira](https://img.lavdg.com/sc/z7AmM1ZmOWTVDeuq3ORJmxjPJ1s=/480x/2021/12/07/00121638879301754990158/Foto/LD8C5F1_131354.jpg)
A construción foi recuperada con palla e madeira
09 dic 2021 . Actualizado a las 13:48 h.Na montaña luguesa, nunha comarca especialmente salpicada polos hórreos, construcións tradicionais cada vez menos numerosas —aínda que só na Fonsagrada se conservan máis de catrocentos—, destaca o coñecido como «símbolo da Fontaneira». Trátase dun hórreo situado nesta parroquia de Baleira, en dirección á Fonsagrada, e que foi recentemente restaurado.
![Estado inicial do hórreo, en mal estado e coa palla caída.](https://img.lavdg.com/sc/PlDXd3Xsh458XXfLUgOGK7k7grk=/480x/2021/12/07/00121638879362269293523/Foto/LD8C5F1_131442.jpg)
Este hórreo, no que durante anos se gardaba a alimentación para pasar os longos e duros invernos da montaña, a xeito de despensa das familias, loce de novo coma nos seus mellores tempos. A construción atopábase nun pésimo estado de conservación, pero os seus propietarios decidiron restauralo respectando os materiais e as formas de construción tradicional, con palla e madeira. Traballo, tempo, vontade e investimento deron como resultado a recuperación dun hórreo tradicional da montaña para goce, non só dos propietarios, senón de todos os que por alí pasan.
![O proceso de restauración levou moito traballo.](https://img.lavdg.com/sc/Ti6Q-ozZSe-emH7sMS9ywibMk7I=/480x/2021/12/07/00121638879302725993210/Foto/LD8C5F1_131418.jpg)