
A localidade acolle o sábado 16 de agosto a cuarta edición da Ruada 1900, organizada pola Asociación Cultural Abrente das Nogais. Haberá obradoiros, postos de artesanía, representacións e moita música
13 ago 2025 . Actualizado a las 13:20 h.Como vén sendo habitual polo mes de agosto, o municipio de As Nogais, en Os Ancares, retornará por un día ao pasado. A Asociación Cultural Abrente, co apoio da Deputación de Lugo e do Concello de As Nogais, organiza o sábado 16 de agosto a cuarta edición da Ruada 1900. Un evento que naceu fai catro anos para reivindicar o noso pasado e con el, a nosa tradición. E máis aló diso, un evento para divertirse e gozar do baile e da música caracterizados con vestimentas propias desa época.
O programa dará comezo ás 17.00 horas e a partir dese momento sucederanse diferentes actividades:
- 17.15: Obradoiro de cerámica
- 18.00: Xogos tradicionais para os máis pequenos
- De 18.00 a 20.00, actuación dos grupos: Os Gaioleiros, Abelladeira, Os Xílgaros, Banda de Gaitas Vega de Espinareda e A. C. Abrente das Nogais
- 20.30: Baile das sortes
- 21.00: Churrascada (con cada consumición entregarase un bono para cambiar por churrasco).
- 22.30: Concerto de Comando Curuxás
- 23.30: Foliada e festa a rachar